Rubén Riós organiza unha proba en Xinzo na busca de rapazada para un novo proxecto

ruben
Rubén Riós organiza unha proba en Xinzo na busca de rapazada para un novo proxecto

A Casa da Cultura de Xinzo acolle unha proba para buscar 10 candidatos e candidatas para un novo proxecto de Rubén Riós.

Poderán presentarse todas aquelas persoas de entre 12 e 17 anos que teñan algunha habilidade especial en música, danza, pintura ou interpretación.

As probas terán lugar o sábado 23 dende as 16h ás 19h. O único requisito é que os menores teñen que ir acompañados por un titor ou titora.