O sábado lerase a Carlos Casares na casa da Cultura de Xinzo

LECTURA CONTINUADA VENTO FERIDO
O sábado lerase a Carlos Casares na casa da Cultura de Xinzo

O obxectivo é conmemorar o 50º aniversario da publicación da obra máis lida do autor limián.

O Auditorio da Casa da Cultura de Xinzo de Limia será escenario, este sábado día 13 de maio, dunha lectura pública e continuada da obra máis importante de Carlos Casares, a quen se homenaxea este ano polo Día das Letras.

Calquera veciño ou visitante pode participar coo lector.

Calquera veciño ou visitante pode colaborar como lector e ler, en público, un fragmento de Vento ferido. Só teñen que se inscribir na oficina de Cultura da Casa da Cultura –1º andar– ou enviando un mail a casaculturadexinzodelimia@gmail.com.

A lectura continuada comezará arredor das 18:30 horas da tarde. O evento forma parte das actividades programadas pola celebración do Día das Letras Galegas na honra de Casares e está organizado polo Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares.