Un choque entre dous vehículos remata con dous feridos á altura de Porto Alto

accidente
Un choque entre dous vehículos remata con dous feridos á altura de Porto Alto

O accidente produciuse arredor das 10 da mañá

O sinistro rexistrouse arredor das 10h desta mañá na estrada secundaria OU-1105 á altura de Porto Alto, na Limia. Un vehículo alcanzou a outro dos coñecidos como "sen carné", producindo que o coche emborcara, segundo fontes de Protección Civil de Xinzo de Limia.

Ata o lugar dos feitos achegáronse os bombeiros de Xinzo, pois nun primeiro momento pensouse que os ocupantes estaban atrapados. Finalmente non foi precisa a súa actuación.

Os condutores dos vehículos foron atendidos polos servizos de emerxencias. Ata o lugar do sinistro tamén se achegou a Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento de vías para limpar a zona.