O salón da Pataca xa ten data posible

121
O salón da Pataca xa ten data posible

Na 2ª ou 3ª semana de Novembro

Hoxe, mércores pola tarde tivo lugar outra reunión no concello de Xinzo na que participaron todos os sectores implicados na celebración do salón para seguir propoñendo cousas e matizando algunha.

A primeira decisión foi a de fixar a data de celebración do salón-exposición sobre a pataca que en principio será na segunda ou terceira semana de novembro e de xoves a sábado.

XORNADAS PARA PROFESIONAIS

122

Outra das cuestións tratadas na reunión a que asistiron representantes do concello de Xinzo, lugar da súa celebración, con representantes da IXP da pataca, distribuidores, e produtores, ademais do Inorde.

123

Quedaron en que a partir de mañá propoñerán as entidades que xa mostraron o seu interese por implicarse economicamente coa organización, Xunta e Deputación de Ourense, para que acheguen propostas de poñentes para as xornadas técnicas paralelas que se celebrarán ao longo de todos os días da feira-salón.

O lugar escollido será o pavillón de deportes de Xinzo e os seus aledados.

Outra das cuestións que se trataron foi a de solicitar da hostalaría de Xinzo na mesma durante toda a semana da celebración do salón.