Un salón de peiteados de Xinzo colabora coa iniciativa "Mechones Solidarios"

chicas luxury
Un salón de peiteados de Xinzo colabora coa iniciativa "Mechones Solidarios"

Luxury Estilistas forma parte desta iniciativa solidaria

María Freiria propietaria de Luxury Estilistas, un salón de peiteado situado na Praza Maior de Xinzo, decidiu un día colaborar coa iniciativa de Mechones Solidarios para contribuír a devolverlle o sorriso ás persoas enfermas de cancro. "Cada persoa que veña cortar o pelo a Luxury e cumpra o requisito de ter o cabelo de 20 centímetros de longo ou máis o que se lle vaia cortar, xa sirve para que a asociación poida crear perrucas" apunta María. Unha perruca custa uns 400€, si Mechones Solidarios recibe a materia prima de balde non lles supón ter que gastar diñeiro co cal poden vendelas a prezos máis económicos. "As persoas que perden o pelo polos tratamentos de cancro, para eles é moi importante poder verse ben", sinala María moi ilusionada por colaborar con esta causa.

luxuryO certo é que para cortar o pelo ou mesmo peitearse, Luxury ofrece os útimos avances no que se refire ó coidado do pelo. Acaban de por en marcha as masaxes no lava-cabezas con aromaterapia, usando aceites e esencias que preparan o cabelo para logo tratalo ben con tintes ou mesmo para peinalo co secador. "Trato sempre de ofrecer o último pero sen deixar de lado o coidado do pelo, para min é o esencial" sinala María que acaba de incorporar un tratamento de keratina con ginseng para que en tres tratamentos, o cabelo recupere a saúde.

Tamén ofrecen servizos de estética con esmaltados semipermanentes, uñas de porcelana e xel, cera tibia e quente e depilación láser cada dous meses. Os clientes que o desexen mesmo poden mercar produtos de primeira calidade como mascarillas para o pelo, maquillaxe ou mesmo secadores ou planchas para o cabelo.

luxurychu

María Freiria con 28 anos é unha muller emprendedora e traballadora que leva co seu negocio dende hai 9 anos. Conta coa axuda de Sandra Atanes e xuntas tratan de reinventarse e buscar novedades para agradar a súa clientela. Por esta razón, María decidiu exportar a Xinzo as Beauty Party dende os Estados Unidos. Isto consiste en que un grupo de amigos ou amigas xúntanse no salón de peiteado para celebrar dende unha despedida de solteira ou solteiro ata un aniversario. "Nós preparámoslles unha serie de actividades ben sexa manicura, pedicura, peinados, cortar o pelo...e pomos uns pinchos, música e champán ou calquera bebida que desexen" explica María. Os participantes a cambio pagan unha cantidade de diñeiro que ronda os 15€, e poden gozar de ter un salón de peiteado a súa disposición. Mesmo xa teñen feito algunha destas festas para os máis pequenos cambiando os pinchos por pizza e o champán por champín. As Beauty Party celébranse os sábados pola tarde.

entrada luxury

Luxury Estilistas podémolo definir como un salón de peiteado solidario, alegre e sobre todo profesional.