O San Roque saiu en procesión polas rúas de Xinzo

roque
O San Roque saiu en procesión polas rúas de Xinzo

A rúa de San Roque en Xinzo celebrou un ano máis a súa festa particular. Moita xente se animou a participar nela e o primeiro pase do grupo Imperio estaba ateigada de visitantes que se animaron a botar un baile.

Ás 21h foi o momento no que os fieis participaron na misa e procesión que percorreu San Roque portando o santo e acompañado dun grupo de gaiteiros.

O fin de festa correu a cargo do grupo Imperio e prolongouse ata altas horas da mañá.