Unha sega que da comezo ao Entroido 2020

A sega 2019
Unha sega que da comezo ao Entroido 2020

Música e vestimentas tradicionais amenizaron a sega do centeo.

A man, como se facía antigamente, decenas de persoas procederon á sega do centeo de este ano coa intención de conseguir a palla suficiente para facer, eles mesmos, os fachucos para o Entroido 2020. Con vestimentas e música tradicionais saíron do Museo Galego do Entroido ata a rúa Camiño da Roda onde se levou a cabo a sega que comezou sobre as 19:20, un pouco máis tarde da hora prevista con anterioridade.

Comezando enerxicamente os seitureiros e seitureiras, entre os que se incluían nenos e nenas, conseguiron reunir un carro de palla e finalizada a xornada proseguiron coa posterior merenda na que non cesou a música.