A Feira do Comercio contará cunha trintena de expositores este ano

A Feira do Comercio contará cunha trintena de expositores este ano
Onte tivo lugar unha reunión para asignar os espazos mediante un sorteo

Este ano a Feira do Comercio terá lugar nos días 26, 27 e 28 do próximo mes no Pavillón Polideportivo de Xinzo de Limia. A súa inauguración terá lugar o venres 26 ás 12:00 horas.

Este 2022, son 29 os expositores que participarán en respresentación de diferentes casas.

Onte tivo lugar unha reunión para asignar espazos e levouse a cabo mediante un sorteo. Daquela, xa están todos postos asignados.

Haberá unha carpa para invitar ás asociacións de Xinzo para que estén todos nela; todos aqueles que queiran participar expoñendo ou vendendo merchandising.

Por outra banda, a Agrupación Musical da Limia vai ser quen poña a banda sonora estas xornadas en defensa do comercio local. Tocarán o venres na inauguración, día 26. Tamén o domingo, día 28, ás 20:00 horas.

Horario

Tras a inauguración do venres 26 ás 12:00 horas, a Feira do Comercio abrirá os dous días seguintes desde as 10:00 ata as 22:00 horas.

Entre as diferentes actividades e eventos cos que contará a feira, como é a da Agrupación Musical da Limia, haberá o domingo 28 unha sesión DJ á unha. Ademais, tamén se organizarán sesións de Bingo o venres 26 e o sábado 27 con sorteos de produtos das casas que colaboran coa feira.

Finalmente, o domingo á noite terá lugar o sorteo dunha viaxe entre todos os tickets de compra de toda a feira.