Segunda semana de éxitos para a ximnasia de Xinzo

DSC00010
Segunda semana de éxitos para a ximnasia de Xinzo

17 medallas, 4 de ouro; 7 de prata e seis de bronce

Aínda non eran as 10 da mañá e as gradas do pavillón da nosa vila estaban case repletas cousa que o fixeron nun par de horas mais tarde cando nalgúns momentos nin as escaleiras daban acougo aos seguidores dos mais de 400 nenos e nenas que se desprazaron dende varias vilas da provincia para participar na II Fase da copa Deputación de Ximnasia.

Os clubs aos que pertencían as ximnastas, case o 100% dos participantes , solo os homes participaron no equipo de benxamín e alevían así como nas exhibicións de Minitramp e Tumbling eran de

Club E.D. Xinzo de Limia, Escola Municipal C. Celanova, Escola Deportiva de Barbadás, Club Ximnasia Escola Pavillón de Ourense, Club Marusia e Escola Municipal Concello de Maceda, participaron nesta competición.

AS XIMNASTAS DE XINZO, CASEQUE NON BAIXARON DO PODIO

4Na cerimonia de entrega de medallas individuais e por equipos estiveron presentes

o alcalde, López Casas, o concelleiro de deportes Luís M. Gil, o Coordinador de deportes da Deputación e o Presidente da Federación Galega de Ximnasia.

Medallas para o Club E.D. Xinzo de Limia

Os equipos de ximnasia de Xinzo obtiveron dazasete das trinta e nove medallas: catro de ouro, sete de prata e seis de bronce. As categorías iniciación e infantil gañaron as medallas de prata; a medalla de bronce foi para as categorías benxamín e alevín; o ouro levoullo a categoría de prebenxamín .

En ximnasia individual destacou a categoría alevín, na que o Club E.D. Xinzo de Limia ocupou os tres postos do podio.

Imáxes da xornada

BLOG2

DESFILE DE PARTICIPANTES E ENTREGA DE MEDALLAS

Preto das dúas da tarde comezaron os actos protocolarios de desfile de todos os participantes e entrega de medallas por parte das autoridades , para rematar, fora de protocolo coas fotos de todos os equipos no fotocool como recordo da xornada.

BLOG1