A SEMÁN QUE VEN COMENZARAN AS OBRAS DE CANALIZACIÓN DO GAS NATURAL EN XINZO

Arsenio Talavera, delegado de Gas Natural
A SEMÁN QUE VEN COMENZARAN AS OBRAS DE CANALIZACIÓN DO GAS NATURAL EN XINZO
Gas Natural/Fenosa investirá en pouco mais de 6 meses case 3.millóns de euros en canalizar e dar servicio ó 80%...

Gas Natural/Fenosa investirá en pouco mais de 6 meses case 3.millóns de euros en canalizar e dar servicio ó 80% das vivendas de Xinzo, cun aforro medio estimado para cada vivenda de entre un 10 a un 30%, dependendo do consumo

Cun auditorio da casa de Cultura cheo, Arsenio Talavera, Delegado de Novas poboacións da Z.Norte de Gas Natural Distribución, e con un público moi atento as súas explicacións, desenrolouse o primeiro acto de presentación do proxecto de Gas Natural en Xinzo. Arsenio Talavera, deu unha serie de datos durante a súa intervención sobre os beneficios tanto económicos como medioambientais das calidades do Gas Natural. Tipos de contratos, tarefas, axudas, subvencións etc, foron as cuestións que foi desgranando o delegado da empresa, para pasar o final a un debate interesante entre os asistentes, contestando as dúbidas que cada un tiña ainda por resolver. OFERTAS DA COMPAÑÍA DO GAS PROPANADO . Casualmente o mesmo día que chegarba ós buzóns dos veciños de Xinzo, a invitación a este acto, tamén chegaron uns panfletos informatívos da empresa que ata agora suministra gas propanado as vivendas cunha oferta dunha revaixa do 10%. Como dicía o Sr.Alcalde, tamén presente no acto xunto con varios concelleiros, de momento consegíuse que os veciños que non queiran cambiarse, teñan o gas un 10% mais barato. Soo por iso, xa é importante que haxa competencia, tamén neste sector. Rematado o acto os prseentes pasaron a degustar unha cata de viños, e departir xa co equipo de comerciais que dende fai dous días están percorrendo as vivendas de Xinzo ofrecendo este novo servizo. Discrepancia sobre os datos ofrecidos. Un dos asistentes quixo que o poñente lle aclarase , por que el dicía os datos de aforro co gas natural e a oferta da competencia, dicía precisamente o contrario. O poñente non quixo entrar no debate e dirixiu o auditorio a entrar nunha aplicación de móbiles chamada “El Ahorrador” ou ben consultar a páxina da Comisión Nacional da Enerxía, onde veñen os datos oficiais.