“É sinxela, o único é que pica un pouquiño”

“É sinxela, o único é que pica un pouquiño”

Comezaron as probas de rastrexo no pavillón de deportes esta mañá de domingo.

As caras dos que se atopan na fila, esperando a súa quenda, despois de que os membros de Protección Civil e Policía Local, lles indiquen a cal se teñen que dirixir, poderíamola cualificar de tensión, na maioría.

A cousa xa cambia cando se acercan ao facultativos que lles van a facer a PCR, que despois da explicación, parece que xa se relaxan un pouco.

Decímoslle que se relaxen, que estean tranquiliños, pódelle molestar un pouquiño como cando se nos vai un pouquiño de auga polo nariz, isto dura apenas tres segundos, que respiren tranquilos, cabeza para tras e nada máis. Estas son as indicacións que lle fan os equipos encargados da realización da proba.

Rastrexamento2

Unha vez que remata a proba, eses tres segundos de que falaba o sanitario, xa as caras se tornan tranquilas e a todos os que lle preguntamos responderon:

Non é complicada, é sinxela , non doe nada, unicamente que pica un pouquiño. Eu viña con moitísimo medo, e dende logo que unha vez que pasou o momento, teño que dicir, que para nada o que eu me imaxinaba. Si me mandan volver faría outra seguro.(María)

Rastrexamento1