SkyBots Forestal presentoulle unha desbrozadora “autónoma” ao concello de Xinzo

Maquina de desbrozar automática
SkyBots Forestal presentoulle unha desbrozadora “autónoma” ao concello de Xinzo

Moita expectación e moitos curiosos seguiron os traballos de desbroce da leira

Amador Díaz, concelleiro de Medio Ambiente participou nunha demostración feita a poucos metros da consistorial de Xinzo, nunha demostración práctica dunha desbrozadora, practicamente autónoma que o Concello, despois da demostración estudiará a súa compra.

Instantánea - 530

A “maquina” pode desbrozar unha leira por medio das coordenadas que lle da o satélite despois dunha fotografía aérea. Pero tamén traballa a distancia mandada por un operario como ocorreu esta mañá a poucos metros da consistorial.

Pouco consumo, moita potencia e accesibilidade a montes cunha pendente de ata 50%. Tanto Amador Díaz, como Elvira Lama que se uniu a demostración máis tarde valoraron moi positivamente a adquisición dunha máquina con estas características para o Concello.

Instantánea - 531

Elvira Lama aproveitou para gravar as peripecias da máquina no seu traballo como fixeron todos os que por alí pasaron.