Sustituidas ou reparadas 400 lousas no casco vello

lousas
Sustituidas ou reparadas 400 lousas no casco vello
Os traballos rematarán no mes de xullo

O casco histórico vai mudando pouco a pouco de imaxe. En menos dun mes, o Concello de Xinzo de Limia acometeu a reparación e substitución de ao redor de 400 lousas, a metade das que se encontraban deterioradas e foron contabilizadas na memoria do proxecto. Un total de seis rúas precisaban unha actuación urxente, non só para embelecer o corazón da vila, senón para minimizar os riscos de caídas e lesións dos veciños e visitantes que por el transitan. Unha vez rematados os traballos na rúa Galicia e Constitución, os operarios están a traballar no último tramo da vía Lepanto e está previsto que nos últimos días se trasladen a San Roque e o seu entorno e á Praza de Oriente.

A alcaldesa, Elvira Lama, acompañada do concelleiro de Urbanismo, Ramón Gómez, e do edil de Infraestruturas, Rafa Penabad, percorreron o casco vello para supervisar os traballos.

O executivo local prevé que as obras rematen a mediados do mes de xullo e unha vez que así sexa e mediante medios municipais, procederase a limpar a presión as rúas nas que se substituíron as lousas para intentar igualar o máximo posible o ton.