jueves. 06.10.2022

José Antonio, do stand de Symborg, explica que esta empresa adícase a empregar fungos micorrícicos para axudar á fertilización das plantas. 

Este é o primeiro ano que participan en ALiMAGRO como tal, xa que anteriormente traballaban con Coluga, outra das empresas que teñen stand no pavillón de deportes de Xinzo.

Polo tanto, esperan ampliar máis as ventas en Galicia, e explica José Antonio que é un produto biolóxico que pode axudar ante a reducción actual do produto que ven de Europa, sobre todo en nitratos.