7 de julio de 2018, 23:19
Na tarde do sábado e ante un nutrido público, moi esixente, que enchía case a praza Maior da vila de Xinzo, o mago Tanito, vello coñecido polos limiáns, fixo que o seu espectáculo lle soubera a pouco aos nenos e nenas que se concentraron, nunha tarde que ameazaba tormenta, pero que resultou apropiada de temperatura para a actuación do mago.
Recordar que esta actuación atópase dentro do programa CULTURA NO CAMIÑO 2018 patrocinado pola Xunta de Galicia e neste caso polo Concello de Xinzo.