Tarde de “festa” en Xinzo

12
Tarde de “festa” en Xinzo

A praza Maior, como nos mellores días do Entroido

A temperatura, despois duns días de chuvia animaba, e os espectáculos programados fixeron que a praza dos grandes acontecementos de Entroido se enchera dende primeiras horas e que as terrazas se encheran de veciños e forasteiros para presenciar a “derradeira” e “ O Legado”.

A DERRADEIRA

Charanga XL
Charanga XL

Anunciada fai unhas semanas a disolución “de mutuo acordo” da charanga XL, non quixeron marchar sen obsequiar aos fieis, e aos que non o eran cun pequeno concerto en dúas partes que non solo non decepcionou, se non que soubo a pouco.

“O LEGADO”

A continuación e xa sen luz do sol iluminouse a pantalla xigante instalada na praza para ver a estrea da curta sobre o que significa e o que se transmite co traxe de pantalla de pais a fillos e netos.

Elvira Lama, quixo agradecer a tódolos presentes que alí estiveran, así como aos promotores da curta, actores, asociación a Pantalla, o “escritor” sen querelo da trama e ao guionista da mesma.

14
Acto de presentación da curta

Tamén tomaron a palabra o concelleiro de Cultura, Ramiro, o presidente da asociación promotora da idea e finalmente o que sen sabelo foi o que fai anos escribiu os textos que serviron 20 anos despois para facer a curta que se ía presentar. Suso Laxe dixo que el non escribira nada, simplemente apuntara nuns papeis todo aquilo que lle ían contando e que el ía vendo.

O visionado da curta foi seguido por todo o público moi atentamente, sen levantarse ninguén ata que desapareceron os créditos, e como manifestaban algúns fíxoseme corto.

A festa continuou coa música da charanga XL e polas rúas do casco vello, festexando cada quen a súa maneira, todo o que acontecera na praza ao longo da tarde.

1