Esta tarde rexistrouse un accidente na segunda rotonda da estrada que vai dirección Celanova
23:53 15/09/15
23:53 15/09/15
O mal tempo posible causa do sinistro no que non se rexistraron feridos
O accidente produciuse a media tarde cando o condutor dun vehículo perdeu o control e invadiu a segunda rotonda da estrada que vai cara Celanova. Levou por diante un sinal de tráfico e esnafrouse contra o monolito de pedra e tirou con el.
Segundo as primeiras hipóteses o mal tempo é unhas das posibles causas. A estrada estaba moi mollada polas intensas choivas que se rexistraron toda a tarde.
Con sorte todo quedou nun susto e non hai feridos .