Tarde de sol e tranquilidade en Xinzo

IMG_20210216_172557
Tarde de sol e tranquilidade en Xinzo

A xente que paseaba tomando o sol, denominaba esta tarde de martes de Entroido como a canción de Sabina, “Mucha, mucha policía”.

A mañá chuviosa deu paso a unha tarde soleada e con moi boa temperatura, o que faría noutras circunstancias que o día de hoxe, co desfile, fora un abarrote de xente.

Non é así e o único que destaca dun día normal son as patrullas da Policía Local e da Garda Civil apostadas a carón da praza Maior.

IMG_20210216_171303