Hoxe día 17 o salón de plenos do concello de Xinzo foi escenario da presentación de dous acontecementos culturais que se levarán a cabo ata finais do mes de maio.
No acto o alcalde López Casas, estivo acompañado polo concelleiro e técnico de cultura ademais do concelleiro de deportes.
O primeiro evento que se vai a celebrar será un festival de teatro humorístico en galego que comezará este próximo sábado 21 as 19:30 e rematará a finais do mes de maio. Nesta terceira edición deste festival patrocinado pola Xunta de Galicia a Deputación Provincial e a rede de dinamización Lingüística participarán tanto grupos de profesionais como de afeccionados. Dentro destes últimos e esperada a obra “Os cornos son cousa de tres” que traerá o grupo TIRULEQUE TEATRO do Carballiño, que tanto éxito de crítica e de público acadou na súa última actuación fai dous anos.
SEMANA DE CARLOS CASARES
Tamén se presentaron as distintas actividades que dende a concellería de Cultura que dirixe Carlos Gómez coincidindo co primeiro aniversario da celebración do día das Letras Galegas dedicado ó autor Limián Carlos Casares