O teatro Principal vibrou coa banda de Xinzo

IMG_7883
O teatro Principal vibrou coa banda de Xinzo

Moitos seguiron o concerto en directo na páxina de facebbook de dendealimia.com

Noite de música a que se viviu onte, cun teatro Principal de Ourense, cheo ata a “bandeira” cun público totalmente entregado pola causa.

Moitos foron os limiáns que se desprazaron ata Ourense, encabezados polo alcalde que estivo acompañado pola maioría dos membros da corporación municipal.

Transmisión en vivo por Facebook

IMG_7954 Por primeira vez e a petición dos responsables da banda de gaitas o dendealimia retransmitiu en directo o concerto que foi moi ben acollido polos seguidores do Xornal, segundo se pudo comprobar nas mensaxes enviadas durante a retrasmisión. Mais de tres mil cincocentas persoas estiveron nalgún momento vendo o concerto entre os que destaca Pablo González dende Zurich, Javier Mendez, dende Ginebra e Antonio López dende Frankfurt. Outros moitos seguírono dende Barcelona, Zamora e mesmo dende Vigo. Todas estas persoas fixeron comentarios de alegría e gozo por estar tan lonxe e poder seguir as evolucións da banda dende os seus lugares.

Momentos nostálxicos

IMG_7944Ademais da intervencións da limián Belén Rivero, como presentadora e mestre de cerimonias, tamén tomou a palabra en varias ocasións o director para entre outras cousas agradecer a todos os presentes o haberse achegado ata Ourense, as autoridades e sobre todo a todos aqueles que ao longo dos trinta anos de historia da formación artística formaron parte dela, e que grazas a todos se chegou ata este aniversario.

Noutro momento fixeron subir ao escenario a Fariñas, para que interpretara unha peza cun cuarteto, todos eles compoñentes actuais da formación musical.

Xoan, director do concerto quixo agradecer persoalmente aos músicos de metal , piano, guitarras e vento que acompañaron, aos compoñentes habituais da formación, e que están sempre e cando se lles chama para calquera actuación. Ademais o director foi saudando un por un polo seu nome e “alcume” nos seus, casos a todos os que participaron no concerto e a aqueles que por diferentes motivos persoais e xustificados onte estaban con eles aínda que dende lonxe.

O público despois da petición de varios “bis” despediu aos músicos postos en pe no patio de butacas con aplausos que duraron varios minutos.

Noite de música e emocións, a que se viviu no teatro Principal de Ourense, cheo de limiaos e limiáns que non quixeron perder a celebración do trinta aniversario do nacemento da Bande de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia no recen estreado 2019.