“Esta planta non se vai a instalar por dous motivos, primeiro, porque si a Xunta de Galicia chegara a concederlla, o que está claro e que o Concello de Xinzo, non lla vai a conceder, pero non porque non, se non que haberá que ampararse na legalidade para non permitila.” Este foi o compromiso do alcalde en nome de todos os presentes.
Representantes de tódolos partidos políticos que forman a corporación de Xinzo , e o propio alcalde, reuníronse cos veciños de Parada de Ribeira , para primeiro aclarar o que se está a facer dende o propio Concello, e despois comezar as accións de oposición, como poden ser o envío de alegacións persoais de tódolos veciños afectados.
Ante as preguntas dos asistentes o alcalde informou, que coa nova normativa, o Concello non pode paralizar as obras que se están a levar a cabo.
Neste momento a empresa presentou un informe de Inicio de Actividade, onde loxicamente dí que vai a cumprir coa legalidade vixente. A partir dese momento as autorizacións pertinentes correspóndelle a Consellería de Medio Ambente,aínda que o paso final será a licenza de apertura, que si lle corresponde o propio Concello, e dende logo non lla vamos a dar.
O Concello o 3 de xuño xa informou a Xunta de que esta actividade non se contempla nos terreos que se pretende.