O tenente de alcalde aclara as razóns da subvención ao Casino Antelano

Lopez casas
O tenente de alcalde aclara as razóns da subvención ao Casino Antelano

O tenente de alcalde quixo facer unhas declaracións en torno á polémica da subvención ao Casino.

Ante as informacións publicadas por Dende A Limia referidas á polémica en torno á aportación de 4.000 € á Sociedade Casino Antelano, o voceiro do goberno local e tenente de alcalde, Manuel López Casas, quixo facer unha serie de aclaracións.

Casas xustifica a subvención nas actividades que a asociación desenvolverá en torno á figura de Carlos Casares no ano no que se lle adican as Letras Galegas. Concretamente, quixo aclarar que se empregará o diñeiro para a organización "dunhas xornadas en torno á figura do escritor limián", ademáis de "un certame literario".

A oposición, pola súa banda, reclamou que se lle adicara unha partida concreta por parte do concello á celebración das actividades relacionadas co ano de Casares.