Tensa reunión na noite de onte no concello

Feira 27.07002
Tensa reunión na noite de onte no concello

Os feirantes, comerciantes do casco vello e hostalería queren que a feira volva a celebrarse como antes da pandemia

A última hora da tarde de onte, e a petición dun novo colectivo formado polos feirantes, comerciantes e hostaleiros do casco vello e praza Maior reuníronse no salón de plenos do concello varios representantes do colectivo coa alcaldesa Elvira Lama, que estaba acompañada polos concelleiros Rafa e Manolo e Alberto.

POR UNHA FEIRA DIGNA

Fai unhas semanas que se creou un grupo denominado “Por unha feira digna” ao que se foron engadindo comerciantes, sobre todo do casco vello, zona de influencia da ubicación dos postos da feira. Pediron unha reunión coa alcaldesa para reivindicar a volta ao lugar de sempre.

UNHA PETICIÓN UNÁNIME

feira4
Foto feira arquivo 2019

Unha soa era a petición que traían conxuntamente os peticionarios da reunión, que non era outra que a de que as feiras de Xinzo volvan a celebrarse como antes da pandemia.

Non entendemos porque noutros sitios, Allariz, Ourense etc, as feiras xa voltaron a celebrarse como sempre, manifestou neste caso un representante do colectivo de feirantes.

Pouco a pouco os ánimos foron quentándose ante os argumentos “pouco convincentes” segundo algún dos presentes que esgrimía a alcaldesa.

A XENTE XA NON ENTRA EN XINZO

Segundo nos comentou outra persoa presente na reunión, el explicou que a xente agora xa non entra en Xinzo. Antes aparcaba no campo da feira e arredores, entraba a pe pola rúa do parque e percorría a feira dende a praza maior, ata o Toural, ven a ida ou ben a volta. Agora aparca na Sitibal, entra na feira polo parque, compra e sae polo mesmo sitio. Isto fai que a diferencia dun día normal a un día de feira, no centro se diferencie porque o Pucho está aberto.

MEDIO MILLEIRO DE CONSUMISICÓNS SE PERDEN CADA FEIRA, SOLO DOS FEIRANTES

Feira 14 agosto (2)
Feira 14 agosto (2)

Continúa manifestando que dos máis de 200 postos que hai cada feira, con dúas persoas mínimo cada un, son consumicións, cafés, almorzos etc. que agora se perden. Nos, continúa dicindo agora, como quedamos tan lonxe, xa traemos os termos da casa, e non consumimos nada, ao igual que os visitantes, e solo compran nos postos da feira, sen vir a nada ao “pobo”.

O colectivo de comerciantes, hostaleiros etc. teñen claro que o comercio sen a feira nestes momentos tan malos fai moito mal.

SIN RESPOSTA CLARA DO CONCELLO

A reunión rematou sen unha resposta clara por parte da administración do concello. Elvira Lama manifestou (segundo os presentes) que ía solicitar un informe técnico sobre a viabilidade da mesma nos mesmos lugares que antes a Policía Local e que visto ese informe se tomarían as decisións pertinentes.