Tenso pleno en Xinzo, que rematou co abandono dos concelleiros do PP do salón

pleno 10
Tenso pleno en Xinzo, que rematou co abandono dos concelleiros do PP do salón

O que empezou coas propostas aprobadas por unanimidade trocouse en tenso cando chegaron as propostas económicas

Ás 13:30 estaban convocados os concelleiros de Xinzo a o último pleno ordinario deste ano, no que normalmente, dadas estas datas, todo discorre nun ambiente de solidariedade e harmonía e así foi nos dous puntos da orde do día referentes a Adhesión ó convenio entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e                                Turismo e a FEGAMP para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra o Covid-19 e a Moción conxunta de tódolos Grupos Municipais para a inclusión da Comarca da Limia no proxecto de modernización dos regadíos dentro do Plan de transformación ambiental e dixital para o sector agro alimentario, que foron aprobados por unanimidade, agradecendo o Tnte. Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente a votación unánime esperando dixo, que o vindeiro 21 sexa por fin o ano dos regadíos para a segunda comarca en produción de pataca da España.

A partir deste momento o ambiente cambiou posto que chegaban as propostas de dedicacións parciais para a Alcaldesa e Manuel Pérez Campos.

56.250 € brutos por ano para Elvira Lama e Manolo P. Campos

                               Elvira Lama cobrará 33.750 € brutos ao ano repartidos en 12 pagas por unha dedicación do 75% dunha xornada laboral normal e Pérez Campos 22.500 € brutos ano, en 12 pagas por unha dedicación do 50%. A estas cantidades haberá que aumentar o 30% aprox. de SS.SS a cargo do concello en cada caso.
O PP votou en contra, pero con matices. No caso da dedicación a alcaldesa, non o ven mal. No caso de Manolo, non o ven necesario, aínda que nos dous casos creen que neste momento no que tantas familias estano pasando moi mal, así como autónomos etc. Non creemos que este sexa o momento, quizás máis adiante, a cousa puidera ser doutra maneira, manifestou Toni.

Aínda así na intervención correspondente a dedicación de Pérez Campos, o portavoz do PP reproduciu un audio coa intervención do Sr. Campos fai solo dous anos, na que ademais de oporse a dedicación naquel caso dun concelleiro do PP, facía referencia a que para que están os técnicos, precisamente para facer o traballo, os políticos estamos para firmar, dicía naquel momento. Remataba a súa intervención no ano 18 coa frase atribuída a Groucho Marx sobre os principios.

Tomou a palabra o concelleiro de Economía para xustificar a súa decisión neste momento indicando que el practicamente ao concello non lle í a costar nada. Como vou facer as nóminas e asesorar a intervención, iso xa non hai que contratalo. E tendo en conta que xa non vou cobrar por asistencias a plenos, comisións etc, que rondan os 16.000 € cada concelleiro, a miña dedicación sairalle ao concello, practicamente gratis, rematou o Sr. Campos.

Elvira Lama defendeu as dúas dedicacións e a hora de votar, aprobáronse cos votos en contra da formación do PP.

ABANDONO DO GRUPO POPULAR

Xa as cousas estaban tensas cando chegou o seguinte punto da orde do día que era a creación dunha Comisión de coordinación de urbanismo, mobilidade saúde e servicios sociais que a conformarán a alcaldesa e os concelleiros de Urbanismo e Mobilidade Moncho e o de Servicios Sociais Alberto, que se reunirá cada semana para asesorar a alcaldía e facer propostas a Xunta de Goberno que terá tamén unha asignación de 150 € semanais para cada membro.

Tomou a palabra novamente o portavoz do PP para dicir que isto, xa é a guinda do pastel, cando máis fan falla os cartos no concello, outra remuneración para os concelleiros que faltaban. Isto é o custe para que o goberno cúa tripartito non se rompa. Nos non vamos a participar disto, polo que abandonaron o salón.

Loxicamente a proposta foi aprobada cos votos do grupo de goberno.

Elvira Lama tomou a palabra para afear a conducta dos concelleiros que abandonaron o pleno e despois dar por finalizado o plenario por non ter quen fixera nin rogos nin preguntas.