sábado 27/11/21

Unha vez máis, Xinzo de Limia voltou superar as temperaturas do resto da provincia con máis de 20ºC mesmo a altas horas da noite.

Así o notaron os distintos locais hostaleiros da capital da Limia, onde o dendealimia.com puido ver a unha grande cantidade de xente enchendo terrazas, rúas e prazas para desfrutar do bo tempo.