Con todo, recoñecendo que é posible que teña cometido erros, non vou a declinar da miña responsabilidade (Elvira Lama)

Elvira Lama nun pleno
Con todo, recoñecendo que é posible que teña cometido erros, non vou a declinar da miña responsabilidade (Elvira Lama)
Espero, sinceramente, que todos eles recapaciten, referíndose aos membros do PP que declinan volver a participar na comisión Covid do Concello

Hoxe celebramos a 9° Comisión Especial de Seguimento das actuacións que estamos levando a cabo no noso Concello por mor do Covid-19.

Nesta comisión, que consideramos de gran importancia dado que nela se abordan cuestiones relacionadas tanto coa crise sanitaria como coa económica e como ambas están a afectar ao noso concello, informamos hoxe do número de positivos que nos está comunicar o Sergas desde o pasado 26 de outubro (55), así como dos que hai actualmente entre o persoal do Concello (2) e tamén o operativo de control e vixiancia que deben poñer en marcha desde esta media-noite as forzas e corpos de seguridade para garantir o cumprimento das novas restricións. Tamén tentamos clarificar as medidas que debemos cumprir en Xinzo, segundo o decreto do Presidente da Xunta e a orde da Consellería de Sanidade, que nos restrinxen a mobilidade fora do noso termo municipal.

Despois da reunión, reflectimos estas cuestións nun Bando da Alcaldía que firmei esta mesma mañá

Nesta Comisión Especial están, por desexo expreso do equipo de goberno, os portavoces de todos os grupos políticos, así como os máximos responsables de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, aos que non podo máis que agradecer o seu traballo e adicación ao servizo das veciñas e veciños deste Concello, así como polo esforzo persoal que en moitas ocasións me consta que teñen que facer para asistir a estas convocatorias.

Pola contra, e lamentablemente, o voceiro do PP decidiu hoxe non asistir a esta xuntanza, xusto no momento en que o concello se enfronta ao momento de maiores dificultades nesta segunda onda da pandemia. Ademais, pediu expresamente que non se lle convocara máis, pois a considera unha cortina de fume.

Creo que con esta actitude, que contrasta coa dos responsables de Protección Civil, Policía Local e Garda Civil, así como do outro partida da oposición, Cidadáns, o PP perde unha oportunidade de estar á altura das circunstancias e das dificultades ás que nos enfrontamos.

Con todo, recoñecendo que é posible que teña cometido erros, non vou a declinar da miña responsabilidade. Seguirei convocando á Comisión de Seguimento do Covid e seguirei convocando ao PP para que asista, pois considero que as súas aportacións son necesarias e pese a petición expresa de todos os seus concelleiros de que non o volva facer. Espero, sinceramente, que todos eles recapaciten.