Todos os habitantes da Limia poderán saír sen limitación horaria a partir de mañá

fotonoticia_20200414195311_640
Todos os habitantes da Limia poderán saír sen limitación horaria a partir de mañá

Excepto o núcleo poboacional de Xinzo de Limia

Segundo o comunicado da Xunta de Galicia:

A Delegación do Goberno vén de dar finalmente a razón a Xunta e permite agora que a limitación por franxas horarias das saídas da poboación se fixe en función do número de habitantes dos núcleos de poboación.

Polo tanto, a partir de mañá será efectiva a modificación e poderán saír con liberdade horaria as persoas que residan en núcleos de menos de 5.000 habitantes, non só os que habitan en concellos de menos de 5.000 habitantes. Isto suporá que os galegos e galegas con liberdade horaria nas súas saídas pasarán de ser o 15% do poboación a aproximadamente o 50%.

A Xunta xa comunicou esta decisión á Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para que a traslade aos concellos.