O torneo 3x3 de baloncesto viviuse con gran expectación

O torneo 3x3 de baloncesto viviuse con gran expectación
Este evento deportivo consolídase na programación de verán e xa conta cun público fiel

Dende o sábado pola tarde e ata a madrugada de hoxe desenvolveuse no entorno das piscinas e no pavillón de Xinzo de Limia o torneo 3x3 e concurso de triples de baloncesto, que contou con gran expectación.

Este evento deportivo, que organiza a Asociación Baloncesto Xinzo en colaboración co Concello, consolídase na programación de verán e xa conta cun público fiel. Foron moitos os veciños, veciñas e visitantes os que se achegaron ata o complexo deportivo para animar aos participantes, ao redor de 150.

Resultados

Os resultados da categoría Senior foron:

  • Campión CB Tacatá
  • Subcampión CB Escairón
  • 3° Posto Taiger Team
  • MVP Juan Blanco
  • Gañador Triplas Dani

E os da Sub-15:

  • Campioas As Troianas
  • Campións Galicia SW
  • Subcampioas La Ramoneta
  • Subcampións As Pataquiñas
  • 3° Posto Lesioa E Lumecu

En total, sumáronse ao torneo 21 equipos Senior e 6 Sub-15. A competición prolongouse ata as dúas da madrugada.