miércoles. 17.08.2022

Este sábado 6 de agosto terá lugar o Torneo 3x3 Xinzo organizado polo AB Xinzo e a Concellería de Deportes de Xinzo de Limia. 

Celebrarase nas piscinas municipais e contará este ano con dúas categorías:

  • Sub 15 (2007 a 2010)
  • Senior

Os premios, no caso do Sub 15, os tres primeiros recibirán trofeos e medallas e por outra banda, para a categoría Senior, os premios serán de 300€, 150€ e 50€, máis os trofeos.

Sorteo de grupos do 3x3

Onte tivo lugar o sorteo dos grupos. Son 21 os equipos participantes deste torneo. Organizáronse en cinco grupos, un de cinco e catro de catro equipos (Grupos A, B, C, D e E). 

Entre os equipos destacan nomes tan curiosos como: Macabi de Levantar, Unión Penosa, The Kokretas, Esteauga do Grifo, Gallitos Drink Team e Beberly-Tronas, entre outros.