Como é o traballo dun policía?

Comisaría 2
Como é o traballo dun policía?
Os escolares do Rosalía de Castro de Xinzo descubrírono na súa visita á Comisaría de Ourense REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Case cincuenta peques do...

Os escolares do Rosalía de Castro de Xinzo descubrírono na súa visita á Comisaría de Ourense

REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia

Case cincuenta peques do segundo curso de primaria do Rosalía visitaban o pasado luns de mañanciña as dependencias da Comisaría da Policía Nacional en Ourense, no marco do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade nos centros educativos.

Acompañados da delegada de Participación Cidadá da Comisaría, e ex alumna do propio centro, a subinspectora Teresa, os cativos foron descubrindo a Sala de Comunicacións do 091, a Sala de Tiro, ou o Museo Policial, entre outros. Ademais ao ir avanzando entre as dependencias foron coñecendo a todo o persoal que alí traballa pola nosa seguridade. O sentimento xeral ao acabar eran unhas cantas novas vocacións de policías entre os pequenos visitantes, que desfrutaron especialmente da visita ao garaxe onde puideron experimentar o que senten os gardas cando viaxan nos coches patrulla.

A Comisaría de Ourense desenvolve este tipo de visitas, así como charlas informativas durante todo o curso escolar e en distintos centros.