As tradicionais xornadas de folclore visitan Xinzo o domingo

bolivia
As tradicionais xornadas de folclore visitan Xinzo o domingo

Colombia, Bolivia e Serbia son os países que van participar

Como cada verán chegan as xornadas de folclore pola provincia de Ourense. O domingo fan a súa parada en Xinzo e Limia onde actuarán a partir das 20.30h na praza Carlos Casares. Un pouco antes, ás 20h farán o seu pasarrúas pola vila dende o parque do Toural.

Este ano visitan Xinzo os grupos BAFOPAZ de Bolivia, B.F.N.J Orozco de Colombia e SIMYONOV de Serbia.