Ultimando os detalles para a chegada dos “Reis”

Ultimando os detalles
Ultimando os detalles para a chegada dos “Reis”

O desenrolo dos actos será entre as 18:00 e as 20:00

No pavillón de deportes de Xinzo, técnicos e organizadores daban fai uns minutos os últimos retoques para que todo estea a punto para a chegada das súas Maxestades.

NON FAI FALLA ESTAR AS 18:00

Todo os espectáculo que rodea a estancia dos Reis Magos no pavillón estarase repetindo durante as dúas horas que a súas Maxestades permanezan no pavillón.

Isto faise así, para que non se xunte tanta xente a mesma hora e os pais poidan levar aos seus fillos escalonadamente.

1641386921018ESTRICTAS MEDIDAS DE SEGURIDADE
Tamén se recalca nas estritas medidas de seguridade que se van a adoptar para a entrada ao recinto: Certificados Covid, e probas PCR con 48 horas de antelación.
ACTUACIÓNS DURANTE A ESTANCIA DOS REIS NO PAVILLÓN
Dende antes da chegada dos Reis ata a súa retirada, para descanso e comezar o seu traballo nocturno, no pavillón haberá actuacións de Patinadoras, zancudos, cabalos inchables , así como unha batucada e malabaristas de circo.

Estas actuacións recordan que repetiranse ao longo das dúas horas.