Últimas prazas para un taller de danza tradicional galega con Gabriel Reboredo

gabriel
Últimas prazas para un taller de danza tradicional galega con Gabriel Reboredo

O centro de baile Fusión organiza este obradoiro musical

O centro Fusión de Xinzo, dedicado a actividades artísticas e deportivas, organiza un taller de baile tradicional galego para este sábado. Gabriel Reboredo é o encargado de impartir este obradoiro de danza.

Maestro de canto, baile e pandeireta, Gabriel Reboredo leva ás súas costas unha destacada traxectoria como profesional da música tradicional galega. A súa formación iniciouse no Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e dende entón o seu currículum académico non deixou de medrar.

Este sábado 24 de outubro estará no centro de Fusión, na rúa Rosalía de Castro en Xinzo, para impartir un taller de danza tradicional galega de 16h a 20.30h. Quedan as úlitmas prazas para anotarse. O curso ten un custo de 20 euros.

Para inscribirse poden facelo pasándose por Fusión, a través da súa páxina de Facebook ou ben chamando ó 660 37 56 07.