martes 19/10/21

Último día para visitar Limialandia

limilandia

    O pavillón de deportes de Xinzo de Limia acolle as atraccións de Limialandia. No seu interior os máis cativos poden gozar de multitude de actividades como patinaxe, globoflexia, videoxogos, maquillaxe ou mini golf, entre outras moitas cousas. No exterior hai o tradicional tren da bruxa e coches de choque, entre outros.

Hoxe será o último día que o parque de atraccións estea aberto ata a tarde, momento no que as súas maxestades de Oriente chegarán ó pavillón para recibir ós máis pequenos e pequenas. 

Comentarios