Unanimidade do pleno para nomear a Edelmiro Martínez (Miro) fillo predilecto polas súas aportacións á historia do pobo.

Sesión plenaria 28.09.22
Unanimidade do pleno para nomear a Edelmiro Martínez (Miro) fillo predilecto polas súas aportacións á historia do pobo.

Tamén foi aprobada de forma definitiva, co voto en contra da oposición, a conta xeral do 2021.

Con dez minutos de retraso, e coa presenza de un concelleiro máis, de forma “virtual” e co apoio de todos os grupos políticos aprobouse no pleno extraordinario desta mañá o expediente de honra a Edelmiro Martínez Cerredelo, polo que será nomeado fillo predilecto e recibirá a Medalla do Concello de Xinzo de Limia. Na sesión plenaria destacouse o esforzo incansable do historiador e cronista local por afondar na historia do municipio e fíxose un repaso da súa biografía.

Ramiro (Concelleiro instructor)

O concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, exerce de instrutor do procedemento para acreditar os méritos de Martínez Cerredelo e foi o encargado de expor no pleno a memoria para o outorgamento do distintivo honorífico: “A actividade investigadora do cronista local deu lugar a publicacións en diversas revistas e oito libros editados que gozan do recoñecemento da cidadanía, en xeral, e de historiadores eruditos en distintas áreas temáticas polas súas valiosas aportacións”.

A alcaldesa, Elvira Lama, explicou que o acto institucional no que se lle outorgará a Medalla do Concello se levará a cabo en canto se acorde co historiador e a súa familia.

Antonio Fernández (Toni)

No pleno extraordinario celebrada esta mañá tamén foi aprobada de forma definitiva, co voto en contra da oposición, a conta xeral do 2021.