Para a única representante do BNG no Congreso, Xinzo está en Monterrei

Para a única representante do BNG no Congreso, Xinzo está en Monterrei

Nun escrito en defensa dos Partidos Xudiciais, Olaia Fernández sitúa a capital da Limia na comarca veciña

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Olaia Fernández Dávila é a única deputada do BNG no Congreso dos Deputados, e recentemente presentou unha pregunta ante este órgano en referencia á supresión dos partidos xudiciais. Ata aí nada raro. O curioso chega ao ler o texto da pregunta, no que esta política viguesa sitúa a Xinzo “na comarca de Monterrei”.

Despois de relatar as consecuencias que tería a desaparición destes órganos Fernández Dávila resalta: “Aunque en este caso ejemplifiquemos en dos poblaciones de la comarca de Monterrei…”, referíndose a Xinzo e Verín. Un erro que seguramente fará sulfadrear a máis dunha Pantalla.