sábado. 03.06.2023

    As persoas que habitualmente fan uso das instalacións da piscina municipal exterior de Xinzo, denuncian que hai falta de limpeza nos vestiarios. O teito padece de problemas de humidade e na imaxe pode apreciarse o mal estado do chan.

pisci 1

Os usuarios e usuarias dos baños públicos destacan que nas esquinas das paredes hai cuantiosas teas de araña e mesmo arañas de gran tamaño que semellan levar tempo vivindo nese espazo. 

pisci 3

Sinalan que por exemplo no caso das mulleres, tan só funciona un dos retretes e nos días de moita afluencia de persoas isto causa algunha que outra molestia.

Xa no exterior, a xente quéixase do mal estado do céspede que nunhas zonas está demasiado seco e noutras sen cortar.

O mal estar xeral maniféstase polo feito de que se paga 1.60 euros de entrada polo uso dunhas instalacións deficientes. 

Comentarios