Unhas vacacións diferentes co CDR O Viso

Campamento O VISO
Unhas vacacións diferentes co CDR O Viso
Lodoselo acollerá un campamento infantil durante nove días desde o 28 de xuño REDACCIÓN redac@dendealimia.com Twitter: @Dendealimia Se tes entre 5 e 13 anos...

Lodoselo acollerá un campamento infantil durante nove días desde o 28 de xuño

REDACCIÓN

redac@dendealimia.com

Twitter: @Dendealimia

Se tes entre 5 e 13 anos e ganas de pasar un verán diferente, o CDR O Viso prepara un campamento entre os días 28 de xullo e 6 de xullo. Nove días de diversión nos que os organizadores ofrecen dúas modalidades de estancia diferentes, un campamento de réxime diúrno, co transporte de Xinzo de Limia a Lodoselo incluído e outro en réxime de pensión completa. Será algo máis dunha semana de actividades na natureza, roteiros de orientación, xogos, obradoiros, reciclaxe, piscina, deportes ao aire libre e veladas.

Nestes campamentos, os nenos somérxense na vida do rural, adaptándose á natureza e gozando das súas posibilidades. É un lugar de encontro, onde se fomenta a convivencia, o contacto coa natureza, a interxeracionalidade, e o respecto ó entorno a partir de actividades diferentes.

Ademais desde o CDR O Viso apostan pola integración, e polo tanto haberá prazas para pequenos con necesidades educativas especiais. O centro cumpre tamén, coa normativa vixente de accesibilidade e eliminación de barreiras.

 Preinscrición e descontos

As prazas son limitadas polo que é necesario formalizar a preinscrición antes do vindeiro 6 de xuño no CIX da Limia. Ademais, existen descontos especiais para dous ou máis irmáns.