E van nove

Antonio Perez
Unha nova sentenza anula outro contrato realizado en 2012 polo concello de Xinzo e insiste en investigar a Antonio Pérez...

Unha nova sentenza anula outro contrato realizado en 2012 polo concello de Xinzo e insiste en investigar a Antonio Pérez por prevaricación

REDACCIÓN redac@dendealimia.com

O pasado luns dábase a coñecer a que xa é a novena sentenza ditada por contratacións irregulares en contra do Concello de Xinzo de Limia. Desta volta o xulgado do Contencioso- Administrativo número 2 de Ourense anulou o contrato dun auxiliar administrativo. A relación laboral deste traballador co consistorio foi alongada por tres meses de maneira ilegal, pois segundo o xuíz non se declarou o carácter “urxente e inaprazable” da incorporación. Sendo esta a única maneira de respectar o Real Decreto 20/2011 do goberno de Mariano Rajoy, que limitaba a contratación nos órganos municipais.

Como nas oito sentencias anteriores que anulan outros tantos contratos o maxistrado José Andrés Verdeja detecta na actitude do alcalde indicios do que podería converterse nun delito por prevaricación.  Polo momento o que o xuíz si asegura é a existencia de “desviación de poder”, pois o encadeamento de contratos temporais ademais de “saltarse calquera procedemento de selección” constituíron “unha porta aberta de par en par á colocación de persoas afines”.