Veciñas de Xinzo estafadas cando intentaban reservar as súas vacacións por internet

IMG_5065
Veciñas de Xinzo estafadas cando intentaban reservar as súas vacacións por internet

O importe total da estafa é de 1.000€ e as afectadas xa cursaron a correspondente denuncia na Garda Civil

Un grupo de 12 veciñas de Xinzo foron estafadas cando estaban intentando reservar o aluguer dunha vivenda para pasar as vacacións en Mallorca. O importe total da estafa é de 1.000€ e as afectadas xa cursaron a correspondente denuncia na Garda Civil, atopándose agora á espera de que as investigacións logren dar coa delicuente ou delincuentes.

O importe total da estafa é de 1.000€.

Falamos con Sandra González, unha das afectadas que foi quen efectuou o "intento" de reserva do aloxamento a través de internet. Sandra é da Guarda pero leva traballando en Xinzo de Limia 4 meses. Sandra e as súas amigas intentaron, a través da páxina de RENTALIA, realizar unha reserva de 5 noites nunha estancia vacacional en Mallorca –unha casa–. Dende a páxina non lles deixaba reservar, pero esta ofrecía un contacto coa persoa encargada da vivenda. Puxéronse, xa que logo, en contacto co teléfono que alí aparecía para realizar a reserva. Elas, con "fe e confianza", recibiron un contrato por correo electrónico, imprimírono, cubrírono, realizaron a transferencia do pago acordado (facendo o correspondente duplicado do pago) e mandáronllo á persoa coa que falaran xunto co DNI por WhatsApp.

Sandra e as súas amigas intentaron, a través da páxina de RENTALIA, realizar unha reserva de 5 noites nunha estancia vacacional en Mallorca.

De alí a pouco tempo, recibiron un correo electrónico informando de que a propietaria da casa sufrira unha suplantación de identidade e solicitándolles que se puxeran en contacto a través doutro número de teléfono. A persoa que estaba ao outro lado da liña resultou ser a propietaria real da casa, quen as informou de que non eran as primeiras en seren estafadas do mesmo xeito.

As veciñas foron ao banco a intentar cancelar a transferencia, cousa que non lograron facer.

As veciñas foron ao banco a intentar cancelar a transferencia, cousa que non lograron facer. Afirman que só teñen o nome real da propietaria, mais que non coñecen a identidade da estafadora. Para poder localizala a través do primeiro teléfono "é preciso pedir unha orde e iso leva tempo".

Cando intentaron voltar a contactar coa estafadora –a través do primeiro número de teléfono– descubriron que esta bloqueara o número da afectada. Nun intento de desenmascarala, outra das compañeiras –que non participara do proceso de reserva– chamou e fíxose pasar por un novo cliente interesado na mesma vivenda para os mesmos días. A resposta da estafadora foi que esta esta dispoñible.

Semella que a estafadora non actúa en solitario.

Agora atópanse en proceso de atopar un novo aloxamento, pois os billetes de avión xa os tiñan mercados. "O que vimos raro foi que non nos deixaran reservar dende a páxina, ao igual que ocorre con outras", afirman as afectadas.

Actualmente, na páxina de RENTALIA, aparece outro nome e outro número de teléfono distinto, o que fai pensar que a estafadora non actúa en solitario.