Veciñas e veciños da zona levan tempo pedindo que se arregle a calzada. Cando chove é habitual que se formen grandes charcos que dificultan o aparcamento pola Avenida de Ourense. A acumulación de terra e barro fai que o tránsito de coches sexa máis complicado. Os residentes esixen que se acometan medidas para arreglar os desperfectos.
O Concello de Xinzo levou a cabo unha actuación de emerxencia na zona hai uns meses. Con todo, a titularidade da vía principal é do Ministerio de Fomento que xa redactou un proxecto técnico para levar a cabo nesta avenida. Consistirá en facer un sistema de canalizacións e novas beirarrúas. O Concello xa recibiu a confirmación por parte de Fomento, agora queda pendente que se confirme o inicio das obras.