Varios veciños da rúa Galicia e das conlindantes solicitaron unha reunión coa alcaldesa urxente, reuníndose esta maña no salón de plenos do concello para explicarlle o que lles está a acontecer.

A pouco que comeza a chover a rúa convertese nun rio, e o problema, non solo é ese. Tamén as alcantaríllas comezn a verter as augas fecles, co que o cheiro é insoportable.

Elvira Lama, recolleu as súas queixas e díxolle que ía a estudar como se podía solucionar esa cuestión. Falaría con Viaqua para ver que solución pode ter a curto prazo. Tamén lles dixo que teñen un proxecto presentado a Xunta. Tamén lles recoñeceu que o problema, non ten facil solución.
MEDIDAS TOMADAS POLOS VECIÑOS
Dende fai algún tempo os veciños xa comezaron colocar nas entradas dos garaxes barras protectoras para que a auga non lles entre nos mesmos.