Veciños do Toural solicitan explicacións pola instalación dun obxecto non identificado

estación
Veciños do Toural solicitan explicacións pola instalación dun obxecto non identificado

Algúns veciños do barrio do Toural decidiron acudir a pasada señama semana á casa consistorial de Xinzo co obxectivo de solicitar explicacións pola instalación dun dispositivo "non identificado" na zona.

Algúns veciños do barrio do Toural decidiron acudir a pasada señama semana á casa consistorial de Xinzo co obxectivo de solicitar explicacións pola instalación dun dispositivo "non identificado" na zona. Nun inicio algúns aventuraron que podía tratarse dunha antena de telefonía móbil, mais enseguida o concelleiro de Medio Ambiente –e tenente de alcalde do goberno local– afirmou que o aparello que se está instalando non é máis ca "unha estación meteorolóxica que vai medir a calidade do aire". Ademáis, aclarou que o proxecto de instalación estase levando a cabo en colaboración coa Xunta de Galicia.

Ante a inquietude mostrada polos veciños, o goberno municipal decidiu convocalos a unha xuntanza de carácter informativo coa presenza de profesionais da Xunta de Galicia onde se explicará en que consiste o aparello.