Os veciños de Parada crearán una plataforma para opoñerse a planta asfáltica

OJ12C2F1_1
Os veciños de Parada crearán una plataforma para opoñerse a planta asfáltica

Tamén estudarán as posibilidades de recorrer xudicialmente contra a autorización da planta.

Segundo sinala o xornal La Voz de Galicia, un grupo de veciños de Parada de Ribeira fixeron una reunión aberta este domingo á cal asistiron os representantes dos partidos da oposición no Concello de Xinzo de Limia.

Entre outras accións que pretenden levar a cabo, destaca a posibilidade de presentación dun recurso no contencioso-administrativo contra a decicisión de autorización da implantación da planta de asfalto en quente.

Formmulan a posibilidade de presentación dun recurso no contencioso-administrativo contra a decicisión de autorización da implantación da planta de asfalto en quente.

23 mil litros de auga cada minuto

Segundo pon de manifesto o xornal, o voceiro de Xinzo Adiante, Manuel Pérez, tomou a palabra para manifestar que a planta producirá 250.000 kg de aglomerado cada hora, para o cal precisará de 23.000 litros de auga cada minuto. "Esta planta estará ao carón da zona ZEPA e Xinzo Adiante apoiará a morte a loita do pobo de Parada por ser esta unha actuación tremenda", sinalou.

Elvira Lama, voceira socialista lembrou que este proxecto foi rexeitado nun pleno municipal e noutro provincial no pasado ano 2014.

Tamén tomou a palabra o voceiro do BNG, Ramiro Lama, quen prometeu o respaldo da súa formación para rexeitar o proxecto, aínda que manifestou que "vai a ser difícil".

O goberno local mantén que outorgou a licenza ao contar cun informe favorable da Consellería de Medio Ambiente.

Moi contaminante

Varios dos reunidos aseguraron que unha planta de aglomerado en quente como a autorizada nesta aldea é altamente contaminante ao provocar residuos que perxudican o medio ambiente.

O goberno local mantén que outorgou a licenza ao contar cun informe favorable da Consellería de Medio Ambiente e o aval dos técnicos municipais. A factoría da sociedade Opain S.L. foi paralizada polo rexedor de Xinzo hai tres anos por carecer da licenza que, porén, foi outorgada a finais deste maio polo executivo municipal antelán. O investimento que acometerá esta empresa na planta será de 125.000 €.