A asociación O Muíño da Lama deu a voz de alarma do que pasaba con estas especies protexidas
REDACCIÓN [email protected] Twitter: @DendealimiaPara este colectivo trátase dun gravísimo atentado contra a especie de árbore máis simbólica e prezada do monte galego, así como o que esta desfeita supón contra a natureza e o medio ambiente polas súas nefastas e irreparables consecuencias.Fontes consultadas pola asociación indican asemade que o propietario das árbores non tivo coñecemento das talas ata que foi avisado por membros da asociación e da veciñanza da parroquia, tralo cal interpuxo a correspondente denuncia destes graves feitos no cuartel da Garda Civil de Xinzo de Limia.
A asociación pola súa banda tamén puxo estes feitos en coñecemento do Seprona, da Dirección Xeral de Montes, Dirección Xeral de Conservación da Natureza e da Xefatura Territorial de Ourense da Consellería do Medio Ambiente solicitando a inmediata paralización das talas.