Os veciños de Xinzo piden que a Asociación Troula de Festa sexa aberta a todo pobo para organizar o Entroido 2016

reunion entroido
Os veciños de Xinzo piden que a Asociación Troula de Festa sexa aberta a todo pobo para organizar o Entroido 2016

O venres terá lugar unha nova xuntanza

As 20.30h deu comezo unha reunión na Casa da Cultura coa intención de organizar o vindeiro Entroido. Asistiron representantes do goberno municipal, da oposición e veciños e veciñas de Xinzo de Limia así como portavoces da Asociación Troula de Festa. A petición global dos asistentes foi que a dita Asociación se poidan incorporar veciños do pobo para participar na posta en marcha do festexo e que sexa comunitaria. Piden que se lles deixe colaborar de maneira aberta podendo aportar ideas e que sexan escoitados como un membro máis, que non se trate dun colectivo politizado e pechado. O concelleiro de Cultura Luis Miguel Gil, aceptou a proposta esixindo o compromiso dos que sexan os novos integrantes do colectivo.

Troula de Festa naceu hai un ano co fin de contar cunha comisión de festas para por en marcha os distintos eventos culturais que teñan lugar en Xinzo.

Nesta primeira toma de contacto xurdiron xa algunhas propostas como o feito de que se instale un punto de atención sanitaria para casos que non sexan de extrema urxencia, e así non colapsar o centro médico nos grandes días do Entroido. Outra das aportacións fai referencia ó tema da limpeza. Os veciños propuxeron que se colocasen máis puntos de lixo para evitar que o pobo remate colapsado pola basura acumulada neses días.

Coa intención de seguir avanzando na organización do Entroido 2016 e consolidar a incorporación dos veciños a Troula de Festa, o venres terá lugar unha xuntanza as 20.30h no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia.