Vegalsa-Eroski comercializará máis de un millón de kilos de Pataca de Galicia

450_1506594759_HhrQ
Vegalsa-Eroski comercializará máis de un millón de kilos de Pataca de Galicia

Hoxe asinouse un convenio entre a empresa e a IXP no principal Eroski de Xinzo de Limia.

A compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski prevé a comercialización de máis dun millón de quilos de "Pataca de Galicia" nos supermercados que ten en Galicia. As marcas e establecementos que comercializarán estes miles de quilos de pataca da LImia serán Eroski Center, Hipermercados Eroski, Autoservizos Familia, Eroski City e Cash Récord durante a campaña 2017-2018. Esta iniciativa desenvolveraase tralo acordo de colaboración que renovou onte a Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia coa cadea distribuidora, e que foi asinada no supermercado Eroski Center de Xinzo de Limia.

Vegalsa-Eroski comprométese a comercializar pataca da IXP en todos os seus supermercados de Galicia e a diferenciar este produto de maneira específica.

O acordo foi subscrito polo director de compras de Vegalsa-Eroski, Jorge Eiroa, e polo presidente da IXP, Guillermo Budiño, nun acto no que tamén participaron o xefe de compras de Froitas e Hortalizas de Vegalsa-Eroski, Pedro Lago; a directora de RSC & Cliente da compañía, Gabriela González, e membros vocais da IXP.

Pola súa banda, Vegalsa-Eroski comprométese a comercializar pataca da IXP en todos os seus supermercados de Galicia e a diferenciar este produto de maneira específica no punto de venda, identificándoo cos elementos de imaxe corporativa achegados polo Consello Regulador de Pataca de Galicia.

A pataca amparada pola IXP Pataca de Galicia que se comercializará nos establecementos galegos de Vegalsa-Eroski é da variedade Kennebec.