Un vehículo golpea a unha persoa maior no centro de Xinzo

accidente
Un vehículo golpea a unha persoa maior no centro de Xinzo

Os feitos aconteceron pasadas as 18.30 h da tarde do martes cando unha furgoneta golpeou co retrovisor a unha persoa maior. Como consecuencia do impacto a muller caeu ó chan. O suceso tivo lugar no cruce da rúa Dous de Maio coa Avenida de Madrid, no centro de Xinzo de Limia.

O condutor do vehículo avisou ó servizo de emerxencias 112 e acudiu ó lugar do accidente unha ambulancia que trasladou á muller ata o centro de saúde da vila.

Ata o lugar do suceso achegouse tamén a Policía Local e Protección Civil de Xinzo.