O venres 13 comezan as clases para a xente que quedou sen praza no Conservatorio

deputacion
O venres 13 comezan as clases para a xente que quedou sen praza no Conservatorio

A Deputación sufraga o profesorado e o concello pon as aulas

A Deputación acordou crear a Escola elemental de música de Xinzo, fíxoo na Xunta de Goberno que se celebrou o venres. Deste xeito o ente provincial soluciona a problemática do Conservatorio para este novo curso, con alumnos que quedaran fóra por problemas técnicos do Concello.

O acordo permitirá dispor do profesorado e dos instrumentos para impartir oito especialidades musicais e tres asignaturas comúns, para aquelas persoas que quedaran sen praza para o curso 2015/2016. As clases terán lugar na Casa da Cultura de Xinzo e comezan o venres 13 e rematarán o 25 de xuño do ano próximo.

A reunión na que se aprobou esta medida foi presidida polo vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e contou coa presenza da deputada Montserrat Lama.