Verín negocia con Xinzo o seu acceso ó Conservatorio de música

CONSERVATORIO
Verín negocia con Xinzo o seu acceso ó Conservatorio de música

Xinzo foi testemuña dun encontro entre representantes de ambos concellos para estudar posibles formas de colaboración supramunicipais. A intención é que o centro educativo A Limia siga recibindo alumnos doutros municipios sen restrincións e os responsables do mesmo non vexa comprometida a supervivencia económica da súa tesourería.

A xuntanza é un paso na busca de solucións para paliar os problemas que xurdiron trala aprobación da ordenanza reguladora do Conservatorio de música de Xinzo. Entre eles atópase a escasez de profesores polos recortes de orzamento contemplados no plan de austeridade, ou a falta de prazas para o alumnado que se despraza dende outras localidades.

O concelleiro de cultura de Xinzo, Luis Miguel Gil, apunta que se busca beneficio para todos "se o acordo se leva a efecto nós non temos problema algún en modificar as taxas para que as que se lle impoñen ós alumnos non empadronados en Xinzo, se equiparen ós empadronados", concretou.

Pola súa banda, o tenente alcalde de Verín sinalou que "creo que chegaremos a un punto de entendemento e ningún rapaz quedara fóra dos seus estudos musicais". Precisamente esta mañá produciuse unha reunión no concello de Verín para trasladar o resultado da xuntanza en Xinzo e para estudar fórmulas de colaboración. Unha delas podería ser mediante unha aportación económica ou dotando ó Conservatorio da Limia do profesorado preciso.